venres, 28 de febreiro de 2014

Xa sabemos que non estamos moi o día neste medio, pero coas festas do entroido esperamos actualizarnos e empezar a colgar fotos dos nosos ensaio e das nosas actuacións !!!
Esperamos que vos guste

xoves, 17 de febreiro de 2011

A nosa historia

Cando se xunta amizade, amor, imaxinación e traballo duro, so pode xurdir algo emocionante. Así é como nace Algarabía. Un grupo de amigas, comprometidas coa tradición e a cultura galega. Con gañas de seguir non só recuperando vellos sons, senon tamén con gañas de crear e imaxinar novos sons que enriquezan a nosa voz galega.
Algarabía nace no ano 2005 baixo a dirección de dona Raquel Abalde Comesaña. Unha grande mestra que consegiu que as súas alumnas non só seguisen os seus pasos, senon que fosen capaces de seguir imaxinando novos compases, ritmos, letras… por si soas. Actualmente, o grupo carece de dirección, sendo as compoñentes do grupo as encargadas de crear novos repertorios.
Algarabía está aberta a novas experiencias, é por iso que no ano 2010 decide formar parte dun proceso que leva xa máis de 20 anos en camiño. E é así, como Algarabía entra a ser parte do grupo flockórico Andarela, do que actualmente é o seu grupo de cantareiras.
Seguindo coa súa premisa inicial, este grupo de amigas, conta coa colaboració desinteresada dun grupo de músicos, os cales engrandezen o traballo destas rapazas. Este novo grupo de amigos, axuda as rapazas na súa labor de enriquecer o panorama galego tradicional actual.